O meu Cartafol, ou Cartafol Cidadán é unha iniciativa das Administracións Públicas que trata de simplificar a relación dos cidadáns coa Administración, axuntando nun espazo único a información dos diferentes procedementos e trámites, e dirixindo á unidade responsable para continuar coa xestión dos mesmos. Actualmente, cartafol cidadán permite:
- Consultar do estado dos expedientes dos seguintes organismos:
- Ministerio de Defensa
- Axencia Tributaria
- Ministerio da Presidencia
- Dirección Xeral do Catastro
- Ministerio de Emprego e Seguridade Social (90% dos procedementos/trámites)
- Ministerio de Xustiza (de forma parcial)
- Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (trámites/procedementos de Educación e Cultura e 40% dos procedementos do Consello Superior de Deporte)
- Acceder aos apoderamentos do Rexistro Electrónico de Apoderamentos (REA) do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Consultar o estado dos asentos rexistrais entre Administracións
- Consultar os datos persoais transmitidos entre Administracións
- Acceder a datos persoais en poder da Administración. Actualmente os datos persoais son:
- Domicilio
- Titulacións universitarias e non universitarias do Ministerio de Educación
- A demanda de emprego e prestacións de desemprego do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
- Os bens inmobles urbanos e rústicos
Pódese acceder a Cartafol Cidadán mediante o sistema cl@ve ou con certificado dixital.