En primeiro lugar, e con carácter previo á elaboración do texto normativo, levarase a cabo unha consulta pública co fin de solicitar a opinión dos destinatarios potenciais da norma, a través do portal web do departamento ministerial competente.
Unha vez elaborado o proxecto ou anteproxecto, e no caso de que afecte os dereitos e intereses lexítimos dos cidadáns, publicarase o texto no mesmo portal web, co obxecto de sustanciar o trámite de información pública ou conceder audiencia ás persoas afectadas, directamente ou a través das organizacións ou asociacións que as representen, así como para obter cantas achegas adicionais poidan realizar outras persoas ou entidades.
Accede á sección de participación pública en proxectos normativos dos portais web dos departamentos ministeriais dispoñibles actualmente.