En calquera momento podes presentar unha solicitude, un escrito ou unha comunicación dirixida á Administración sen limitación algunha, se ben para que poida ser correctamente tramitado, deberá conter:
Tamén, se o desexas, podes achegar ao teu escrito calquera documento que consideres de interese para o teu pedimento.
Tes dereito a esixir un recibo que acredite a data e hora de presentación do escrito.
Para a maioría de procedementos, as Administracións dispoñen dun modelo normalizado para realizar as solicitudes. Diso informaranche nas Oficinas de Información ou de Asistencia en Materia de Rexistros e tamén nas Sedes Electrónicas e Portais públicos de internet dos organismos.
Podes presentar a túa solicitude:
Nos rexistros electrónicos das Administracións Públicas.
Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros (OAMR).
Nas oficinas de correos. Neste caso tes que entregar o sobre aberto para que selen o teu escrito coa data de entrega, e facilítenche copia do mesmo.
Se te atopas no estranxeiro, nas representacións diplomáticas e oficinas consulares de España. Accede ás Embaixadas e Consulados de España no Estranxeiro.
En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Accede ao Buscador de oficinas do Punto de Acceso Xeral.
Podes presentar a túa solicitude en soporte papel ou por medios informáticos, electrónicos ou telemáticos nos rexistros electrónicos. As oficinas de asistencia en materia de rexistros teñen un horario concreto para que poidas presentar a túa solicitude, mentres que os rexistros electrónicos están abertos as 24 horas ao día os 365 días do ano.
A través do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado (AGE) poderanse presentar solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun procedemento electrónico ou formulario normalizado na sede electrónica do Departamento Ministerial competente. As Sedes Electrónicas dos Departamentos Ministeriais proporcionan o acceso aos servizos electrónicos e aos trámites electrónicos que contan con formularios normalizados específicos para a maior parte dos trámites administrativos
Para poder presentar electronicamente o teu escrito, comunicación ou solicitude deberás ter DNI electrónico ou certificado electrónico en vigor, xa que con eles podes asinar a solicitude. Para maior información podes acceder ao portal de Firma electrónica.