Os documentos administrativos son o resultado da actividade administrativa que levan a cabo os órganos da Administración no exercicio das funcións e competencias que lle encomendan as normas.
Teñen dúas funcións principais:
Constancia: aseguran a conservación dos actos da Administración, acreditan os seus efectos e garanten o dereito de acceso e consulta aos mesmos.
Comunicación: serven como medio de comunicación dos actos da Administración ao cidadán e a outros organismos públicos.
Clasificación dos documentos administrativos
Pódense clasificar segundo o tipo de declaración que conteñen:
Conteñen unha declaración de vontade dun órgano da Administración.
Distínguense dúas categorías:
Acordo: recolle as decisións dun órgano da Administración ao longo da tramitación dun procedemento administrativo e sempre anteriores á resolución do mesmo.
Resolución: recolle as decisións dun órgano da Administración e pon fin a un procedemento administrativo.
Comunican a existencia de actos ou feitos .
Hai dúas clasificacións:
1.- Pola relación que existe entre o emisor e o destinatario da información:
Internos: Emisor e destinatario son órganos que pertencen a unha mesma organización administrativa.
Externos: o destinatario é un cidadán ou un órgano que pertence a unha organización administrativa diferente daquela na que está integrado o emisor.
2.- Polo seu contido:
Notificación: comunica ao interesado/s nun procedemento administrativo unha resolución ou un acordo que afecta os seus intereses e dereitos.
Publicación: dar a coñecer ao interesado/s nun procedemento administrativo unha actuación da Administración mediante a súa publicación nun diario oficial, taboleiro de anuncios ou medio de información.
Comunicación: destinado a pór en coñecemento dos cidadáns feitos ou circunstancias dun procedemento administrativo.
Teñen como finalidade a acreditación de actos, feitos ou efectos.
En función do obxecto da acreditación, pódense clasificar en tres categorías:
Acta: son documentos que acreditan feitos, circunstancias, xuízos ou acordos. Un exemplo na actividade administrativa atopámolo na acta das reunións dos órganos colexiados.
Certificado: son documentos que dan fe dun feito, do contido dun documento ou das circunstancias que constan nun arquivo ou rexistro.
Certificados producidos por silencio administrativo: son documentos que emite un órgano administrativo competente para ditar un acto expreso nun procedemento administrativo e que acredita a existencia e os efectos dun acto administrativo producido por silencio administrativo.
A súa finalidade é proporcionar aos órganos administrativos asesoramento, datos, valoracións e opinións necesarios para a toma de decisións.
Os documentos de xuízo son xeralmente denominados “informes”.
Hai distintas clasificacións segundo o criterio utilizado:
1.- Pola obriga de solicitalos:
Informes preceptivos: é obrigatorio solicitalos porque así o esixe unha norma.
Informes facultativos: non é obrigatorio solicitalos.
2.- Pola vinculación co seu contido:
Informes vinculantes: obligan al órgano administrativo a resolver teniendo en cuenta el contenido del informe.
Informes non vinculantes: non obrigan ao órgano administrativo a resolver tendo en conta o contido do informe.
3.- Polo órgano que os emite:
Informes internos: son os emitidos pola mesma Administración da que forma parte o órgano que os solicita.
Informes externos: son os emitidos por unha Administración distinta da do órgano que os solicita.