Ir ao contido

Política de Privacidade

Política de privacidade do Punto de Acceso Xeral electrónico (PAGe-060)

A través do Punto de Acceso Xeral electrónico non se recollen datos persoais sen consentimento.

En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado.

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas deste portal web, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns desde este sitio con outras webs.

A seguir informámosche sobre a política de protección de datos do Punto de Acceso Xeral electrónico.

Dirección Xeral Gobernación Publica.
Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
C/ Mármore, 2 - 28005 Madrid.

  • RGPD: 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Orde HAP/1949/2014, do 13 de outubro, pola que se regula o Punto de Acceso Xeral da Administración Xeral do Estado e créase a súa sede Electrónica.
  • Real Decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán.

Subdirección General de Recursos Humanos e Inspección de Servicios
Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública
C/ Poeta Joan Maragall, 41 - 28046 Madrid.

Correo electrónico: dpd@digital.gob.es

Máis información

Xestión das consultas e solicitudes efectuadas a través do portal administración.gob.es (PAGe) ou vía telefónica (060), así como toda a xestión dos posibles usuarios do PAGe e das aplicacións e sistemas do backoffice do este portal.

Cidadáns e empresas.

Datos identificativos de cidadáns e representantes que se relacionan coa Administración Xeral do Estado (AGE) e os seus organismos dependentes a través do PAGe ou teléfono 060.

Ministerios e organismos dependentes destes.

Non previstas.

Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

As medidas de seguridade implantadas corresponden ás aplicadas de acordo ao Anexo II (Medidas de seguridade) do Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica.

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos teus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos teus datos, cando procedan, dirixíndoche o responsable do tratamento de forma presencial en calquera das oficinas da rede de asistencia en materia de rexistros ou de maneira telemática a través da sede electrónica do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

Tamén podes dirixirche á Axencia Española de Protección de Datos, c/Jorge Juan, 6 - 28001 Madrid, ou na dirección de correo electrónico dpd@aepd.es .

Ligazóns de interese