A simplificación administrativa, entendida como a redución das barreiras e cargas derivadas da actividade burocrática das administracións, estivo e está presente en todas as Administracións Públicas, Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas e Administración Local, así como en organismos internacionais como a Unión Europea ou a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE).
Adoptando medidas de redución de cargas administrativas favorécese e fomenta a actividade económica, e simplifícanse as relacións da cidadanía e as empresas coas administracións.
Cumprir cos trámites que establece unha norma implica xestións, desprazamentos, o deber de conservar documentos ou presentar datos e certificados que, nalgúns casos, xa obran en poder da Administración. Existen trámites que deviñeron innecesarios, e que poden suprimirse. Noutros, a interoperabilidade de datos e a dixitalización de rexistros permite que a cidadanía ou as empresas non teñan que presentar datos ou documentos que poden ser compartidos directamente entre administracións.
Para reducir a carga administrativa innecesaria, trabállase desde tres vías:
- Mediante unha política transversal, en toda a Administración Xeral do Estado, despregada á súa vez pola Dirección Xeral de Gobernación Pública: redución de cargas administrativas .
- Internamente, coa aplicación de metodoloxías para a simplificación e a redución de cargas por parte dos distintos Ministerios e organismos: Manual .
- Coa colaboración directa da cidadanía, mediante a caixa de correos de atención, seleccionando "Redución cargas administrativas" no campo de selección "Materia".