Nun mundo global, a política e a acción exterior son cada vez máis relevantes. Interésanche? A lei de Acción e Servizo Exterior do Estado establece o marco das actuacións do Estado en relacións internacionais: obxectivos, principios, suxeitos, ámbitos, planificación, coordinación, o Servizo Exterior do Estado, o persoal e as súas familias. Tamén regula a colaboración co Servizo Exterior da Unión Europea e de Países Iberoamericanos.
O Goberno dirixe e coordina a política e a acción exterior. Hai moitos suxeitos que participan na acción exterior do Estado: institucións do Estado, especialmente a Coroa, a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas, os Entes Locais, os seus distintos órganos e institucións dependentes. Por exemplo, os distintos Ministerios, Organismos Autónomos do Estado desenvolven no ámbito das súas competencias accións exteriores.
O Goberno planifica e coordina a política e a acción exterior consultando cos distintos suxeitos. Elabora unha Estratexia e Informe da Acción Exterior. Presta especial atención á Marca España. Un Consello de Política Exterior asesora ao Presidente do Goberno. Un Consello executivo fai propostas sobre medios humanos, materiais e organización. Existe un grupo de emerxencia consular para protexer aos cidadáns españois.
O Servizo Exterior do Estado está formado por todas as institucións e órganos do Estado no exterior. Estes actúan baixo a dependencia e coordinación do Embaixador.
Forman parte do mesmo entre outros:
- As misións Diplomáticas Permanentes ante Estados: Coordinan a acción exterior nestes Estados. Contan cunha Xefatura, Cancillería encargada de xestionar os medios materiais e humanos, Cancillerías encargadas de diversos temas, agregadurías. Destacan tamén as Oficinas Económicas, Técnicas, Centros de Cooperación Técnica, Formación, Culturais ou do Instituto Cervantes.
- As Representacións Permanentes de España ante Organizacións Internacionais. Especialmente ante a Unión Europea.
- Misións Diplomáticas Especiais e Delegacións temporais.
- Oficinas Consulares para atender á tramitación de distintos trámites.
Destaca a coordinación co Servizo Exterior da Unión Europea e de países iberoamericanos.
Para máis información:
- Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación
- Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)
- Instituto Cervantes
- Instituto Español de Comercio Exterior.
- Lei de Acción e Servizo Exterior do Estado