A Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, S.A., fixo públicas en decembro de 2015 as bases que regularán os aspectos comúns aos procesos de selección de persoal laboral que han de rexer a execución do proceso de consolidación de emprego previsto na Disposición Adicional Décima Quinta da Lei 36/2014, do 26 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015.
A data do 19 de xullo de 2016 publicáronse as bases das convocatorias provinciais. Unha única convocatoria común que inclúe a desagregación de prazas por provincias.
A inscrición no proceso pode facerse exclusivamente en liña, a través da ligazón habilitada para o efecto, desde o 19 de xullo de 2016 ata as 23:59 (hora peninsular) do 30 de xullo de 2016.
O pago da taxa pode realizarse en liña desde o propio formulario, ou ben desprazándose a unha oficina de Correos presentando o DNI.
Na web de Correos atoparás información e recomendacións do proceso, acceso ao formaulario web de inscrición e preguntas frecuentes.
Resumo do proceso:
- Grupo Profesional: Grupo Profesional IV (Persoal Operativo)
- Número de postos: 1.606
- Ámbito da oferta: Provincial.
- Requisitos dos solicitantes: Véxase as Bases da convocatoria
- Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de xullo de 2016 ata o 30 de xullo de 2016
- Presentación de solicitudes: Unicamente presentación en liña
- Importe dos dereitos de participación: 10 €
- Pago en liña ou nas oficinas de Correos.