Os acordos marco serven para fixar as condicións, principalmente respecto de prezos e cantidades, a que haberán de axustarse os contratos que pretendan adxudicar durante un período determinado e poden celebrarse por un ou varios órganos de contratación do sector público cunha ou varias empresas.
O sistema dinámico de adquisición é un proceso totalmente electrónico, destinado á adquisición de categorías definidas obxectivamente de produtos, obras ou servizos. Ten unha duración limitada e determinada e debe estar aberto durante todo o período de vixencia a calquera empresa interesada que cumpra os criterios de selección.
A poxa electrónica pode empregarse nos procedementos abertos, nos restrinxidos, e nas licitacións con negociación, sempre que as especificacións do contrato poidan establecerse de maneira precisa e que as prestacións que constitúen o seu obxecto non teñan carácter intelectual.
Trátase dun proceso electrónico repetitivo, que ten lugar tras unha primeira avaliación completa das ofertas, para a presentación de melloras nos prezos ou de novos valores relativos a determinados elementos das ofertas que as melloren no seu conxunto,