Autoridade responsable da información
Ministerio do Interior
Dirección Xeral de Tráfico
Última actualización: 01-04-2026
O distintivo ambiental é unha maneira de clasificar os vehículos en función da súa eficiencia enerxética, tendo en conta o seu impacto ambiental.
A clasificación ambiental dos vehículos ten como obxectivo discriminar positivamente aos vehículos máis respectuosos co medio ambiente e ser un instrumento eficaz ao servizo das políticas municipais, tanto restritivas de tráfico en episodios de alta contaminación, como de promoción de novas tecnoloxías a través de beneficios fiscais ou relativos á mobilidade e o medio ambiente.
Tes que ter en conta que se ben a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) asigna o distintivo en función do tipo de vehículo, corresponde aos municipios a regulación de tráfico, circulación de vehículos a motor dentro dos límites do termo municipal, sendo eles os que aplican as posibles restricións ao tráfico en función do distintivo ambiental. Consulta as páxinas web dos municipios polos que vaias moverche para ver se existe algunha restrición á mobilidade.
Por internet na Sede Electrónica da Dirección Xeral de Tráfico, sen identificación previa, introducindo a matrícula do vehículo. Tamén podes acceder ao ficheiro que contén todas as matrículas, cos seus distintivos correspondentes, a través do Portal Estatístico da Dirección Xeral de Tráfico
Desde a app miDGT, aplicación para móbiles e tablets da DXT podes consultar o distintivo dos teus vehículos (valido tanto para Android como iOS). Consulta máis información e descarga da aplicación miDGT
Por teléfono, chamando ao teléfono 060 coa atención dun axente especializado.
Presencialmente, en calquera Xefatura ou Oficina de Tráfico . Neste caso, necesitas solicitar por internet cita previa a través da Sede Electrónica da Dirección Xeral de Tráfico ou chamando ao teléfono 060
Existen catro distintivos ambientais creados en función do impacto ambiental dos vehículos.
De maior a menor eficiencia:
Etiqueta 0 emisiones, Azul : Identifica a los vehículos más eficientes. Tendrán derecho a esta etiqueta: eléctricos de batería (BEV), eléctricos de autonomía extendida (REEV), eléctricos híbridos enchufables (PHEV) con una autonomía de 40 km o vehículos de pila de combustible.
Etiqueta Eco : Los siguientes en el escalón de eficiencia, se trata en su mayoría de vehículos híbridos, gas o ambos. Tendrán derecho a esta etiqueta: eléctricos enchufables con autonomía inferior a 40 km, híbridos no enchufables (HEV), vehículos propulsados por gas natural y gas (GNC y GNL) o gas licuado del petróleo (GLP). Deben cumplicar los criterios de la etiqueta C.
Etiqueta C, Verde: Vehículos de combustión interna que cumplen con las últimas emisiones EURO. Tendrán derecho a esta etiqueta: turismos y furgonetas ligeras de gasolina matriculadas a partir de enero de 2006 y diésel a partir de septiembre de 2015. Vehículos de más de 8 plazas y pesados tanto de gasolina como diésel, matriculados desde 2014.
Etiqueta B, Amarela : Vehículos de combustión interna que, se ben non cumpren coas últimas especificacións das emisións EURO, si que o fan con anteriores. Terán dereito a esta etiqueta: turismos e furgonetas lixeiras de gasolina matriculadas desde o 1 de xaneiro de 2001 e diésel a partir de 2006. Vehículos de máis de 8 prazas e pesados tanto de gasolina como diésel, matriculados desde 2006.
Son varios os países da Unión Europea que elaboraron unha clasificación para catalogar os vehículos en función do contaminantes que sexan.
En España non é posible expedir distintivos ambientais aos vehículos con matrícula estranxeira, pero non é necesario. Se tes un vehículo proveniente dun país con distintivo ambiental (Alemaña, Austria, Dinamarca, Francia) consideramos que tes o distintivo español correspondente.
Consulta a equivalencia de distintivos ambientais na Unión Europea entre as clasificacións dos distintos países. Desta maneira poderás coñecer o distintivo español equivalente do teu vehículo, sabendo que restricións de tráfico pódenche afectar, e podendo circular polas nosas estradas co distintivo do teu país.
Importante: Estas equivalencias son para circular en España no tienen ninguna validez en otros países. Por lo que, si vas a circular con tu vehículo a Alemania, Austria, Dinamarca, Francia u otro país con sistema de catalogación ambiental, debes informarte antes de ir sobre si es necesario obtener un distintivo en el país al que viajas, cómo hacerlo y de los criterios para poder circular.
Ministerio do Interior
Dirección Xeral de Tráfico