Para autorizar a viaxe de menores que non vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, esixiráselles para a súa saída do territorio español a seguinte documentación:
Menores españois residentes en España
Todos os menores de 18 anos españois non acompañados :
Deberán levar a súa D.N.I. en vigor para viaxar fóra do territorio nacional e dentro da Unión Europea, o Espazo Económico Europeo e a Confederación Helvética, ou o seu Pasaporte en vigor se viaxan fóra dos estes territorios (terceiros Estados).
Precisarán, ademais de DNI ou Pasaporte, unha declaración asinada polo pai, nai ou titor legal de permiso de viaxe fóra do territorio nacional.
Como acceder aos modelos de formularios dos permisos
A información sobre o procedemento para outorgar o permiso de viaxe fóra do territorio nacional para menores podes atopala nas seguintes páxinas web do Ministerio do Interior:
O formulario está pensado principalmente para situacións de feito concretas. No entanto, hai situacións que esixen a saída de menores de maneira continua ao longo dun período de tempo. Neses casos, é suficiente coa expedición dunha autorización que abarque estas circunstancias.
A quen se lle esixen os permisos
A necesidade de autorización esíxese aos menores españois residentes en España que saian de territorio nacional non acompañados de calquera dos seus proxenitores ou titores.
A quen non se lle esixen os permisos
Non se aplica a:
Menores españois residentes en España cando entren en España non acompañados.
Menores españois que residan habitualmente fóra do territorio nacional.
Menores estranxeiros, que se rexerán polo disposto na súa lexislación nacional. Non será necesaria autorización para saír de España, salvo que a lexislación concreta dun Estado así o prevexa.
Onde presentar a documentación
A autorización de viaxe presentarase nos pasos fronteirizos (tal e como se prevé no Regulamento UE 2016/399. Anexo VII, apartado 6.3).
Efectos de non contar coa autorización
En caso de non contar con autorización válida, o menor non poderá realizar a viaxe.