Todas as persoas deben ter a posibilidade de formarse ao longo da vida, tanto dentro como fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Nese sentido, sempre é un bo momento para aprender. Por iso, o sistema de aprendizaxe de persoas adultas ofrece actualmente diversas modalidades e ofertas formativas adaptadas á maioría das realidades persoais, familiares e profesionais da poboación. Un exemplo é a iniciativa Aula Mentor, un programa de aprendizaxe continua en liña que mellora as competencias persoais e profesionais das persoas adultas. Este sistema combina a formación en liña e a tutorización individualizada a distancia cunha extensa rede de aulas físicas en todo o territorio nacional.
Para obter máis información sobre a organización da Educación de Persoas Adultas en España, pódese consultar a información dispoñible nas enciclopedias en liña Redipedia e Eurypedia, actualizadas polas redes de información sobre educación Eurydice (a nivel europeo) e rediE (en España), así como no portal do sistema educativo español Educagob.
Por outra banda, a Plataforma electrónica dedicada á aprendizaxe de persoas adultas en Europa (EPALE) é unha comunidade europea multilingüe de libre acceso integrada por profesionais da aprendizaxe de persoas adultas, talles como persoal educador e formador, persoais de orientación e de apoio, persoal investigador e outros membros de institucións académicas ou responsables da elaboración de políticas públicas.