Ir ao contido

Notificacións

""

Versión en lectura fácil

A lectura fácil é un formato que simplifica a información para que todos poidan lela e comprendela, incluídas as persoas con dificultades de comprensión.

© Logotipo europeo de lectura fácil:
Inclusion Europe. Más información:

Unha resolución é a resposta
que dá a Administración pública
a un pedimento ou un trámite que fas.

Unha notificación é información
importante sobre novidades nos
teus procesos e trámites. Por exemplo,
que xa se resolveu a túa solicitude.

Tipos de notificacións

Despois de presentar a túa solicitude, podes escoller a maneira na que queres que a Administración se comunique contigo para notificarche a resolución ou pedirche máis información.

Hai 2 maneiras de recibir notificacións:

  • En papel.
  • De forma electrónica

Podes elixir a maneira que queiras, agás se tes obriga de usar os medios electrónicos para relacionarche coa Administración.

  • Accede a máis información sobre esta obriga

Tamén podes cambiar de opción cando queiras e recibir notificacións en papel ou de forma electrónica segundo véñache mellor.

Se estás obrigado a usar os medios electrónicos, só poderás utilizar esta forma.

""

Notificacións electrónicas

Aínda que elixas recibir as notificacións en papel, a Administración adoita envialas de forma electrónica tamén, sempre que esta opción estea dispoñible.

Podes acceder ás túas notificacións electrónicas en:

Para acceder ao Cartafol Cidadán e ao Enderezo electrónico Habilitado Única necesitas un certificado dixital ou estar rexistrado en Cl@ve.

Unha persoa xurídica é unha
empresa, entidade ou grupos
de persoas que comparten
unha responsabilidade.

Unha persoa física é
unha persoa real.

Opositar é participar nun
proceso selectivo para conseguir
un posto de traballo na
Administración Pública.

Obriga de comunicarse de forma electrónica

Hai persoas que están obrigadas a facer trámites e recibir notificacións de forma electrónica. Por exemplo, as persoas xurídicas.

O artigo 14 da Lei 39/2015 explica quen ten esta obriga.

A Administración tamén pode obrigar a algunhas persoas físicas a comunicarse por medios electrónicos. Por exemplo, as persoas que opositan para traballar na Administración Xeral do Estado.

Un Webchat é un espazo
en internet onde podes
chatear con outra persoa.
É parecido ao WhastApp.

Máis información

Podes conseguir máis información ou consultar as túas dúbidas polas seguintes vías:

As notificacións da Administración regúlanse coas seguintes leis:

  • Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común.
    Os artigos do 40 ao 46 falan das notificacións.
  • Real Decreto 203/2021, para el funcionamiento del sector público por medios electrónicos.
    Os artigos do 41 ao 45 falan das notificacións.

Visita máis páxinas en lectura fácil