Ir ao contido

A Pasarela Dixital Única da Unión Europea

A cidadanía é o conxunto de persoas que conviven nun país ou territorio.

Un procedemento é un proceso que ten un conxunto de instrucións e pasos que tes que seguir.

Que é a Pasarela Dixital Única da Unión Europea?

A Pasarela Dixital Única

é un punto único de acceso
para empresas e cidadanía
onde podes atopar información
sobre como vivir ou traballar
noutro país da Unión Europea.

Coa Pasarela Dixital Única podes acceder a:

  • Información fiable e de calidade
    sobre dereitos, obrigas
    e normas nacionais e europeas
    que teñen que ver co mercado interior
    da Unión Europea.
  • Procedementos administrativos
    que podes necesitar.
  • Servizos de atención, asistencia
    e axuda para resolver problemas.

Para que serve a Pasarela Dixital Única?

A través da Pasarela, podes informarche sobre os teus dereitos e obrigas no mercado interior da Unión Europea.

Se es unha persoa, a Pasarela ofréceche asesoramento e consellos sobre como viaxar, vivir, traballar, estudar ou comprar noutros países da Unión Europea.

Se dirixes unha empresa ou queres crear unha, pódesche informar sobre como facer negocios noutros países da Unión Europea a través da Pasarela.

Establecer unha empresa
noutro país significa facer
os trámites necesarios para que
a empresa poida facer
negocios e pór sedes
nese país.

Por que se crea a Pasarela Dixital Única?

A Pasarela Dixital Única creouse porque era difícil informarse sobre como moverse, traballar ou establecer unha empresa noutro país da Unión Europea.

Espérase que a Pasarela aforre moito diñeiro ás empresas e facilite os negocios entre países.

""

O DOUE é o Diario Oficial
da Unión Europea.

Con que norma europea creouse a Pasarela?

A Pasarela creouse co “Regulamento (UE) 2018/1724 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de outubro de 2018, relativo á creación dunha pasarela dixital única de acceso a información, procedementos e servizos de asistencia e resolución de problemas e polo que se modifica o Regulamento (UE) 1024/2012”.

Este regulamento publicouse no DOUE o 21 de novembro de 2018, e entrou en vigor o 11 de decembro de 2018.

Desde que data está dispoñible a Pasarela Dixital única?

O 12 de decembro de 2020 púxose en marcha a Pasarela Dixital Única.

Desde o 2020, dáse acceso a información á cidadanía e as empresas sobre:

  • Dereitos e obrigas
  • Procedementos
  • Servizos de asistencia e axuda para resolver problemas.

O 12 de decembro de 2022 ten que ser accesible a información que ofrecen as administracións locais.

O 12 de decembro do 2023 teñen que estar dispoñibles os procedementos en liña.

Como se accede á Pasarela Dixital Única?

Podes acceder á Pasarela Dixital Única no sitio web “O teu Europa”, que ofrece información á cidadanía e as empresas en todos os idiomas oficinales da Unión Europea.

O logo da Pasarela

O logo da Pasarela Dixital Única aparece en todas as páxinas web que forman parte dela.

Este logo é un selo de calidade. Indica que as páxinas web cumpren con todas as condicións de calidade que esixe o Regulamento.

Este é o logo da Pasarela Dixital Única:

Bandeira da Unión Europe e logo de 'your europe'

Valoración dos usuarios da Pasarela

Os usuarios da Pasarela poden valorar a Pasarela de forma anónima cunha ferramenta dixital fácil de usar.

Poden facer observacións sobre a calidade e dispoñibilidade dos servizos e a información que se ofrecen a través da Pasarela.

A Comisión Europea e os países que forman a Unión Europea terán en conta estas valoracións.

""

Desta maneira, a Comisión Europea pode coñecer se os usuarios da Pasarela están satisfeitos coa información e servizos da Pasarela.

A opinión dos usuarios é moi importante para a mellora da Pasarela Dixital Única.

Ligazóns de interese

Visita máis páxinas en lectura fácil