Ir ao contido

Organización da Administración Xeral do Estado

Versión en lectura fácil

La lectura fácil es un formato que simplifica la información para que todos puedan leerla y comprenderla, incluidas las personas con dificultades de comprensión.

© Logotipo europeo de lectura fácil:
Inclusion Europe. Más información:

Como se organiza a Administración Xeral do Estado

A Administración Xeral do Estado ten:

  • A Organización Central.
    É dicir, os Ministerios.
  • A Organización Territorial.
    Como as Delegacións de Goberno.
  • A Administración Xeral do Estado no exterior.
    Como as embaixadas.

Organización central da Administración Xeral do Estado

Os directorios e
organigramas dan
información sobre como se
organiza unha organización e
cales son os seus
departamentos e seccións.

Os órganos son
departamentos ou partes dun
organismo que actúan en
nome dese organismo en
determinadas funcións.

As competencias son as
funcións e responsabilidades
que ten un organismo
ou unha organización.

Ministerios

A Administración Xeral do Estado organízase en Presidencia do Goberno e Ministerios.

Agora mesmo hai 22 ministerios.

Acceder aos seus directorios e organigramas.

Cada ministerio encárgase dun tema.

Por exemplo, a xustiza ou a economía.

Tamén poden outros existir órganos que non forman parte do ministerio pero están relacionados con el.

O número de ministerios e de secretarías de Estado, os seus nomes e as súas competencias decídense cun Real Decreto do Presidente do Goberno.

Este Real Decreto publícase no Boletín Oficial do Estado, que tamén se chama BOE.

A actividade administrativa
son todas as decisións,
plans, programas, normas e
accións que desenvolven as
administracións públicas
para facer o seu traballo.

Os órganos son
departamentos ou partes dun
organismo que actúan en
nome dese organismo en
determinadas funcións.

Secretarías de Estado e Secretarías Xerais

Nos Ministerios, poden existir Secretarías de Estado e Secretarías Xerais.

Estas secretarías encárganse de xestionar unha parte da actividade administrativa do ministerio.

Das Secretarías dependen algúns órganos directivos.

Exemplo da estrutura dun Ministerio e as súas secretarías

Exemplo de estrutura dun ministerio cunha árbore que parte do Ministerio de Sanidade, ao dereita Gabinete e debaixo, a identica altura, secretaria de estado de sanidade, secretaria xeral de saúde dixital e sistemas de información para o Sistema Nacional de Saúde e Secretaria de Estado de Sanidade

Subsecretarías e Secretaría Xeral Técnica

Os Ministerios teñen sempre unha Subsecretaría e unha Secretaría Xeral Técnica para a xestión de servizos comúns.

A Secretaría Xeral Técnica depende da Subsecretaría.

Exemplo da estrutura dunha Subsecretaría

Exemplo de estrutura dunha subsecretaría cunha árbore que parte da subsecretaría de sanidade, á súa dereita, gabinete técnio, e debaixo tres columnas. A primeira, de arriba a abaixo, está conformada pola secretaría xeral técnica, a vicesecretaría xeneral técnico, a subdivisión xeneral de normativa, a subdivisión xeneral de recursos e relacións coa admistración de xustiza e a subdivisión xeneral de relacións internacionais e publicacións. A segunda columna, de arriba a abaixo, está composta pola subdirección de recursos humanos e inspección de servizos, a subdirección xeral de asuntos xerais e económico-orzamentarios, a subdirección geenral de atención ao cidadán e a división de tecnoloxía da información. A terceira, de arriba a abaixo, conta coa avogacía do estado no departamento e a intervención delegada da intervención xeral da adminstración do estado no departamento

Os órganos son
departamentos ou partes dun
organismo que actúan en
nome dese organismo en
determinadas funcións.

As competencias son as
funcións e responsabilidades
que ten un organismo
ou unha organización.

Direccións Xerais e Subdireccións Xerais

As Direccións Xerais son os órganos que xestionan unha área ou varias áreas que funcionan igual.

Organízanse en Subdireccións Xerais.

Unha Dirección Xeral reparte as súas competencias e responsabilidades en varias Subdireccións Xerais.

Exemplos da estrutura dalgunhas Direccións Xerais

Exemplos de catro direccións xerais. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, dirección xeral de saúde pública, conformada, de arriba a abaixo, pola subdireción xeneral de sanidade exterior, o centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitariaas, a subdirección xeral de promoción, prevención e calidade e a subdirección xeral de sanidade ambiental e saúde laboral. A segunda, a dirección xeral de ordenación profesional, conta, de arriba a abaixo, coa subdirección xeral de formación e orientación profesional e a subdirección xeral de cohesión e alta inscrición do sistema nacional de saúde. A terceira, dirección xeral de carteira común de servizos do sistema nacional de saúde e farmacia, ten, de arriba a abaixo, á subdirección xeral de farmacia e á subdirección xeral de carteira de servizos do sistema nacional de saúde e fondos de compensación. E a cuarta, a delegación do goberno para o plan nacional sobre drogas, está formada, de arriba a abaixo, pola subdireción xeneral de coordinación de programas, a subdirección xeral de relacións institucionais e a subdirección xeral de xestión

Organización Territorial da Administración Xeral do Estado

A Administración Xeral do Estado ten 2 órganos directivos na súa organización territorial:

  • Os Delegados do Goberno nas Comunidades Autónomas, que actúan como Subsecretarios.
  • Os Subdelegados do Goberno nas provincias, que actúan como subdirectores xerais.

A sede dunha organización
ou administración é o edificio
onde está censado.

Un Estatuto de Autonomía
é unha lei que indica as
competencias dunha
comunidade autónoma en
concreto. Por exemplo, o
Estatuto de Autonomía de
Aragón ou de Cataluña.

Delegacións do Goberno

Hay una Delegación de Gobierno en cada Comunidad Autónoma.

As súas funcións son:

  • Dirixir e supervisar os servizos da Administración Xeral do Estado e dos seus Organismos públicos na súa Comunidade Autónoma.
  • Representar ao Goberno na súa Comunidade Autónoma.

Teñen a súa sede na cidade onde está o Consello de Goberno da Comunidade Autónoma.

Aínda que o Consello de Ministros pode situar a sede noutra cidade.

Poida que o Estatuto de Autonomía explique onde debe estar a sede.

Neste caso, debe respectarse o que di o Estatuto de Autonomía.

Subdelegacións do Goberno e Direccións Insulares

Hai un Subdelegado do Goberno en cada provincia das Comunidades Autónomas con varias provincias.

Tamén pode haber un Subdelegado do Goberno nas Comunidades Autónomas cunha soa provincia cando se necesite por:

  • a poboación do territorio,
  • a cantidade de xestións
  • que se necesitan,
  • as súas características xeográficas,
  • as súas características sociais
  • as súas características económicas.

Hai un Director insular da Administración Xeral do Estado nas illas de:

  • Menorca,
  • Eivissa e Formentera,
  • Lanzarote,
  • Forteventura,
  • A Palma,
  • o Hierro
  • e a Gomera.

Os Directores insulares dependen do Delegado do Goberno da súa Comunidade Autónoma ou do Subdelegado do Goberno da súa provincia cando exista este cargo.

Administración Xeral do Estado no exterior

Existen persoas que representan á Administración Xeral do estado fóra de España.

Chámanse embaixadores e representantes permanentes ante Organizacións internacionais e son os órganos directivos na Administración Xeral no exterior.

Os embaixadores e representantes debe cumprir as seguintes leis e normas:

Normas de referencia

Visita máis páxinas en lectura fácil