A Educación Infantil é a etapa educativa con identidade propia que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os seis anos. A súa finalidade é a de contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística, así como a educación en valores cívicos para a convivencia.
Ordénase en dous ciclos, ambos con carácter educativo:
O primeiro comprende ata os 3 anos de idade.
O segundo, que é gratuíto, vai desde os 3 aos 6 anos de idade.
Aunque tiene carácter voluntario, el segundo ciclo de la etapa se ha generalizado en toda España, de modo que en la actualidad hay una escolarización prácticamente completa de los niños y niñas de 3 a 6 años. En cuanto al primer ciclo, la tasa de escolarización se ha ido incrementando desde el año 2005. Se seguirá atendiendo a su progresiva implantación mediante una oferta pública suficiente y a la extensión de su gratuidad. Se puede encontrar más información en el informe español de la publicación de la OCDE Panorama de la educación .
A práctica educativa nesta etapa busca o desenvolvemento óptimo do potencial de cada neno e de cada nena atendendo, nos dous ciclos e de maneira integral, aos seguintes aspectos:
O coñecemento do seu propio corpo e o dos demais, as súas posibilidades de acción e o respecto ás diferenzas.
O desenvolvemento afectivo e a xestión emocional.
O descubrimento e a exploración da súa contorna familiar, natural e social.
A relación cos demais en igualdade e as pautas elementais de convivencia e relación social.
A educación en valores.
A adquisición de hábitos que promovan unha vida saudable e ecosocialmente responsable.
O desenvolvemento de habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
A aproximación ás habilidades lóxico-matemáticas, á lecto-escritura e á alfabetización dixital.
O respecto ás normas sociais que promovan a igualdade de xénero.
Ademais, poténciase a autonomía persoal de nenas e nenos e a creación progresiva dunha autoimagen positiva, equilibrada e igualitaria nunha contorna escolar cálido, seguro, estimulante e respectuoso.