O Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) permite a tramitación electrónica para constituír e cesar empresas en España, a súa posta en marcha, así como tramitar a alta ou baixa en RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), dunha maneira unificada a modo de portelo único empresarial.
Como funciona?
Mediante o Documento único electrónico (DUE), que unifica máis de 25 formularios administrativos, o sistema CIRCE envía os datos a todas as administracións competentes na creación ou cesamento dunha empresa ou na alta e baixa en RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos), que quedará realizado nun rango de tempo que vai de 1 día a 10 días, dependendo de se se utilizan estatutos e escrituras normalizadas ou non.
Desta maneira, a persoa que desexe emprender xa non terá que intervir máis, nin desprazarse a ningunha outra administración nin volver dar os seus datos, salvo a visita ao Notario.