O servizo telefónico “Brexit 060” comezou o seu funcionamento o pasado día 1 de xaneiro de 2021.
O seu obxectivo é atender as chamadas da cidadanía, tanto española como británica, e informar en relación co impacto da saída do Reino Unido que se produciu o pasado 31 de decembro de 2020.
O servizo telefónico “Brexit 060” presta atención tanto en lingua española como inglesa, segundo a opción elixida pola persoa interesada.
Para acceder ao servizo, os cidadáns que chamen ao teléfono 060, (ou ao 902 887060 se chaman desde o estranxeiro) tras a locución de benvida, preguntarán polo Brexit. Un sistema dixital automatizado de voz guiaralles, de forma sinxela e intuitiva, por unha serie de temas de máximo interese sobre o “Brexit” relativos ás relacións da cidadanía coa Administración Pública.
La información principal girará en torno a los siguientes temas: Residencia, Asistencia sanitaria, Permiso de Conducir, Universidad, Viajar y Empresas y existirá una opción adicional para poder realizar otras consultas.
A cidadanía tamén poderá ser atendida por axentes que lles orientarán sobre calquera cuestión relacionada co Brexit.
Tanto as locuciones automáticas como os axentes están organizados para derivar as chamadas a niveis de atención máis especializados cando as consultas cidadás así o requiran.
Para todas as cuestións relacionadas coa residencia de españois no Reino Unido, como documentación, estudos, traballo ou actividades empresariais, o servizo “Brexit 060” desenvolveu unha coordinación específica cos servizos de atención da Embaixada e Consulado de España en Londres. Desta maneira, toda novidade que se produza no contexto británico será rapidamente actualizada no servizo telefónico 060.
Podes consultar a información sobre o Teléfono 060 no portal web Punto de Acceso Xeral da Administración Xeral do Estado.