O portal EUGO vai dirixido a todas as persoas empresarias e emprendedoras, tanto nacionais como dos Estados membros da Unión Europea, que necesiten autorizacións, inscricións en rexistros, licenzas, e todos aqueles requisitos administrativos ou profesionais para realizar unha actividade económica remunerada ou crear unha empresa en España.
EUGO recolle todos eses requisitos e permite a súa tramitación en liña.
O portal eugo.es proporciona a ligazón á Rede EUGO de Portelos Únicos na UE.
Tamén os consumidores e destinatarios dos produtos e servizos xerados polas diferentes actividades económicas poden atopar no portal información relacionada con temas de consumo. Máis información no Centro Europeo do Consumidor en España.