Poder Legislativo

Os cidadáns elixen os seus representantes mediante eleccións cun sufraxio universal, libre e segredo cada catro anos. Os partidos políticos xogan un papel crave nestas eleccións. Os representantes de todos os cidadáns son os membros das Cortes Xerais é dicir, os Deputados e Senadores. Por iso votar é a principal forma de influír na política do país. 

As Cortes Xerais representan a todos os cidadáns, o poder soberano, por esta razón xogan un papel central no sistema político. Están formadas por dous cámaras ou asembleas cun peso desigual. Os seus principais características son as seguintes:

  • Dan lexitimidade democrática aos outros poderes e institucións: Executivo, Xudicial e Tribunal Constitucional e propoñen o nomeamento dos seus membros.
  • Controlan as actuacións do Goberno e a Administración.
  • Aproban os orzamentos xerais, é dicir, gastos que pode realizar o Goberno.
  • Sobre todo aproban as leis que deben cumprir todas as institucións e os cidadáns. As leis reflicten as políticas públicas, establecen os dereitos e as obrigas de todos.
  • Congreso dos Deputados

    Congreso dos DeputadosO Congreso dos Deputados ou Cámara Baja. Ten un maior peso nas funcións descritas. Os seus 350 deputados son elixidos por un sistema de elección proporcional, cunha corrección que favorece lixeiramente aos partidos con maioría de votos en cada provincia. As listas son pechadas. Cada provincia elixe polo menos dous deputados. Os restantes deputados distribúense por todas as provincias segundo a poboación das mesmas. As cidades de Ceuta e Melilla teñen un deputado cada unha. 

Acceso ao Congreso(Abre en nueva ventana)

  • Senado

    SenadoO Senado, Cámara Alta, é unha cámara de representación territorial e de segunda lectura, é dicir, ve unha segunda vez os asuntos. Ten un menor peso ou poder que o Congreso no exercicio das funcións das Cortes Xerais. Por exemplo, non participa na designación do Presidente do Goberno; na aprobación das leis, as súas obxeccións poden ser superadas por el Congreso cumprindo uns requisitos especiais de maiorías e prazos. As súas funcións prestan máis atención aos temas relacionados coas Comunidades Autónomas (rexións).

    Os seus membros os Senadores son 259. A maioría, 208 son elixidos en cada provincia. O sistema de elección é maioritario; cada papeleta electoral ten os nomes de varios candidatos entre os que se pode elixir. Cada provincia elixe a 4 senadores. 2 as Cidades Autónomas. As illas de Gran Canaria, Tenerife e Palma de Mallorca elixen 3 cada agrupacións doutras illas uno.

    Un menor número de senadores 51 son elixidos polas distintas Comunidades Autónomas (rexións) concretamente polos seus parlamentos. Cada Comunidade Autónoma elixe un Senador e poden elixir outro Senador máis por cada millón de habitantes.

     

 Acceso ao Senado(Abre en nueva ventana)

  • Defensor do Pobo e o Tribunal de Contas

    As Cortes Xerais están asistidas por dúas institucións propias, o Defensor do Pobo e o Tribunal de Contas.

    Os seus membros son nomeados polas Cortes Xerais por maiorías especialmente amplas. Estas institucións supervisan os Gobernos e Administracións do Estado, Comunidades Autónomas e Entes Locais.

    Defensor del Pueblo
    O Defensor do Pobo garante o respecto dos dereitos fundamentais e faise eco das queixas polo mal funcionamento das administracións.

     

    O Tribunal de Contas controla as finanzas e orzamento das administracións. Realiza axuizamentos en materia de contabilidade e auditoría de contas públicas.

    Algunhas Comunidades Autónomas teñen institucións análogas para os seus respectivos ámbitos. 

Acceso a o Defensor do Pobo (Abre en nueva ventana) e o Tribunal de Contas(Abre en nueva ventana)