O contrato que tiña asinado co meu traballador finalizou ou quedou resolto, Que trámites teño que realizar ante a Seguridade Social?
Como empresario, tes a obriga de tramitar a baixa dos teus empregados no Réxime da Seguridade Social correspondente (Réxime Xeral, Minaría do carbón ou de Traballadores do Mar) cando se produza o cesamento da actividade laboral. A baixa dun traballador só poderás tramitala de forma electrónica a través do Sistema REDE.
O Sistema REDE é un servizo electrónico que ofrece a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a través do cal deben remitirse a esta Entidade os datos relativos á inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variacións de traballadores, así como de cotización e recadación, de acordo con as disposicións establecidas para o efecto.
Para poder utilizar este Sistema é necesario que a Seguridade Social autorice previamente aos usuarios (autorizado REDE). Podes actuar directamente ou nomear a un terceiro que che represente, dentro do ámbito do Sistema REDE.
Que ocorre se presento a baixa dun traballador fóra de prazo?
Si solicitas la baja de un trabajador fuera de plazo, tendrás obligación de cotizar por él ante la Seguridad Social hasta el mismo día en que comuniques la baja. Si la solicitud se hace en plazo, la obligación de cotizar se extingue el día del cese en el trabajo.
Quero dar de baixa na Seguridade Social ao meu empregado/a de fogar, que teño que facer?
Como empregador tes a obriga de tramitar a baixa do teu empregado/a de fogar cando se produza o cesamento da actividade laboral. Ao tratarse dun traballador do fogar familiar, a baixa poderás tramitala de forma electrónica a través dos servizos do Portal da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da App IMPORTASS Seguridade Social coa túa identificación electrónica ou a través de SMS, se comunicaches o teu teléfono á Seguridade Social. O teu amig@ ISSA pódeche guiar e axudar en todos estes trámites.
Se non dispós de identificación electrónica, tamén podes “Presentar unha solicitude” no Portal ou na App IMPORTASS Seguridade Social. Para iso necesitarás o teu documento de identidade, un correo electrónico, un dispositivo electrónico con cámara e cubrir o modelo TA2/S-0138. Tamén poderás realizar este trámite a través do Sistema REDE.